Forxa Mancomún

Xunta de Galicia

Benvido á Forxa de Mancomun.gal.

Este é un espazo colaborativo pensado para facilitar a creación, o mantemento e a distribución de proxectos, tanto de creación de software coma de documentación. A Forxa permite dispor dun servizo público e aberto destinado ao desenvolvemento de Software Libre en Galicia, así como á súa documentación en galego.

A Forxa quere ser un nexo de unión entre as diferentes iniciativas relacionadas co Software Libre en Galicia, permitindo a unificación de esforzos á hora de desenvolver e documentar moitas aplicacións que xa se están a facer no país. Asemade, tanto empresas como particulares teñen, a través deste espazo, un foro común de discusión e colaboración dende onde acceder a un repositorio global para conseguir as ferramentas que precisen.

Últimas noticias

Dispoñible unha nova versión de XEA-CeMIT

Administracion Forxa - 2019-03-12 11:50 - XEA-CeMIT

A Axencia para a Modernización tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) vén de publicar como software libre unha nova versión de XEA no Repositorio de Software Libre, na forxa de Mancomún. Esta versión, a 3.4.18 corrixe varios erros que se foron detectando así como engade algunhas novas funcionalidades.

Publicada nova versión de XEA-CeMIT

Administracion Forxa - 2019-01-15 11:57 - XEA-CeMIT

A Axencia para a Modernización tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) vén de publicar como software libre unha nova versión de XEA no Repositorio de Software Libre, na forxa de Mancomún. Esta versión, a 3.4.17 corrixe varios erros que se foron detectando así como engade algunhas novas funcionalidades entre as que destacan:

A Amtega colabora co proxecto de software libre Ansible

Administracion Forxa - 2018-01-05 07:41 - Amtega Ansible Roles

- A Amtega contribúe ao proxecto Ansible liberando código fonte para a automatización de diversas tarefas de xestión e administración de servidores TIC.

Publicada a versión 3.4.16 de XEA-CeMIT

Administracion Forxa - 2017-08-30 08:29 - XEA-CeMIT

A Axencia para a Modernización tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) vén de publicar como software libre unha nova versión de XEA no Repositorio de Software Libre, na forxa de Mancomún. Esta versión, a 3.4.16 corrixe varios erros que se foron detectando así como engade algunhas novas funcionalidades entre as que destacan:

Publicada nova versión de Centro Software Abalar

Administracion Forxa - 2016-11-14 14:50 - Centro Software Abalar

A Axencia para a Modernización tecnolóxica de Galicia (Amtega) vén de actualizar os contidos do Repositorio de Software Libre da Xunta, coa publicación dunha nova versión da ferramenta Centro Software Abalar.

News archive

Se tes algún problema ou suxestión non dubides en contactar connosco.

Documentos

No proxecto Administración da Forxa trabállase para o mantemento e actualización técnica da Forxa de Mancomun.gal. Nel pódese atopar o Wiki de traballo onde se documenta o uso das ferramentas das que dispón a forxa para os usuarios da mesma. Asemade, tamén está ao dispor dos usuarios a sección de Documentación onde se publican documentos de soporte para o usuario.

Features Boxes