Forxa Mancomún

Xunta de Galicia

Posted by: Administracion Forxa
Date: 2015-12-27 20:10
Summary: A Amtega publica unha nova versión do proxecto XEA-CeMIT
Project: XEA-CeMIT

Content:

A Axencia para a Modernización tecnolóxica de Galicia (Amtega) vén de actualizar os contidos do Repositorio de Software Libre da Xunta, coa publicación dunha dunha nova versión de XEA (https://forxa.mancomun.org/projects/xea), a aplicación de xestión das aulas da rede CeMIT.

Por outra banda, a nova versión da aplicación de xestión XEA inclúe novas funcionalidades e melloras, sendo xa a terceira versión publicada dende a súa liberación a principios de ano.

XEA-CeMIT, aplicación de xestión da rede CeMIT
A rede CeMIT é unha iniciativa posta en marcha pola Amtega que integra un total de 98 aulas, repartidas por toda a xeografía galega, e que ten por obxectivo a redución da fenda dixital, impulsando, potenciando e difundo os coñecementos nas tecnoloxías da información e a comunicación da cidadanía galega. A rede CeMIT ten rexistrados máis de 52.000 usuarios e leva impartidas máis de 184.000 horas de formación gratuíta. XEA facilita a xestión de todos os recursos da redes, adaptándose ás necesidades de axentes TIC e usuarios.
Latest News

Dispoñible unha nova versión de XEA-CeMIT

Administracion Forxa - 2019-03-12 11:50 -

Publicada nova versión de XEA-CeMIT

Administracion Forxa - 2019-01-15 11:57 -

Publicada a versión 3.4.16 de XEA-CeMIT

Administracion Forxa - 2017-08-30 08:29 -

Publícase unha nova versión do software XEA-CeMIT

Administracion Forxa - 2017-03-21 10:14 -

Liberada unha nova versión do proxecto XEA-CeMIT

Administracion Forxa - 2016-09-26 15:35 -
Monitor Forum | Start New Thread Start New Thread