Posted by: Administracion Forxa
Content: A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración coa Consellería de Política Social, publican o código fonte da ferramenta tecnolóxica INclúe baixo licenza libre.Amplíase así o contido do repositorio incrementando as aplicacións e ferramentas que a Xunta facilita para a súa reutilización. Esta ferramenta é un dos resultados do proxecto que leva por nome “Proxecto INclúe: Innovación para a Inclusión Social” e no que participan como socias a Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Familia e Inclusión; a entidade de acción social Emáus Fundación Social; e a consultora tecnolóxica EOSA. O proxecto contou co apoio financeiro do Programa de Cidadanía Activa pertencente ao Mecanismo Financeiro do Espazo Económico Europeo (EEA) 2009-2014. Un dos retos deste proxecto consistía en desenvolver unha ferramenta tecnolóxica que facilitase a valoración técnica das situacións de exclusión social con criterios homoxéneos, que puidesen ser aplicados polas entidades públicas e privadas que operan no ámbito da inclusión social en Galicia. A Ferramenta INCLÚE Con base nestes criterios creouse a ferramenta INclúe, que permite o cálculo de ata 100 indicadores, configurados en catro grandes dimensións, que tratan de obxectivar a valoración da situación dunha persoa nun momento concreto e facilitar a avaliación das intervencións. Para todos estes casos, ademais, a ferramenta actúa como unha gran base de datos na que se almacenan os resultados para posteriores consultas ou análises. | Latest News
A Amtega e a Consellería de Política Social liberan INclúeAdministracion Forxa - 2016-06-07 10:14 -
1 Comment Read More/Comment
|
Topic | Topic Starter | Replies | Last Post |
---|---|---|---|
![]() | Patricia Pasgal riedel | 0 | 2016-06-24 09:46 |