Forxa Mancomún

Xunta de Galicia

Posted by: Administracion Forxa
Date: 2016-06-20 10:38
Summary: Actualización do Dicionario de pronuncia da Lingua Galega
Project: Dicionario de pronuncia da lingua galega

This project has not yet categorized itself in the Trove Software Map

Content:

O Dicionario de pronuncia da Lingua Galega acaba de ser actualizado, incorporando 30 novos termos, polo que en total inclúe xa 66.742 ficheiros de son. Con esta actualización, que está dispoñible xa para a súa descarga (https://forxa.mancomun.org/frs/shownotes.php?release_id=810), aproveitouse tamén para corrixir algún dos sons anteriores.

O Dicionario de pronuncia da Lingua Galega ofrece un modelo de pronuncia correcta da lingua galega, na súa variedade estándar, nun rexistro formal e cun ritmo normal de fala.

Os ficheiros liberados están en formato aberto ogg e dispoñibles baixo licenza libre Creative Commons Atribución-CompartirIgual 4.0 Internacional. Xunto cos mesmos está dispoñible tamén unha nova versión da base de datos que recolle tanto os anteriores termos como os novos que se engaden.

Para máis información sobre como facer a actualización pódense consultar as instrucións que se acompañan.
Latest News

Actualización do Dicionario de pronuncia da Lingua Galega

Administracion Forxa - 2016-06-20 10:38 -
Monitor Forum | Start New Thread Start New Thread