Forxa Mancomún

Xunta de Galicia

Posted by: Administracion Forxa
Date: 2016-11-14 14:50
Summary: Publicada nova versión de Centro Software Abalar
Project: Centro Software Abalar

This project has not yet categorized itself in the Trove Software Map

Content:

A Axencia para a Modernización tecnolóxica de Galicia (Amtega) vén de actualizar os contidos do Repositorio de Software Libre da Xunta, coa publicación dunha nova versión da ferramenta Centro Software Abalar.

Nesta nova publicación, ademais do código fonte correspondente inclúese tamén un paquete Debian para facilitar a instalación.

O Centro Software Abalar (https://forxa.mancomun.org/projects/cs-abalar) é unha ferramenta que permite aos profesores xestionar facilmente a visibilidade das iconas das aplicacións nos equipos do proxecto Abalar para adaptalos ao uso dos alumnos de primaria ou secundaria. Os usuarios que descarguen eta ferramenta poderán configurar a visibilidade das iconas das aplicacións no escritorio do seu equipo.

O proxecto Abalar, impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ten como obxectivo a integración das TIC na práctica educativa en Galicia, sendo unha das áreas prioritarias de intervención. Actualmente está en funcionamento en 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de ESO de 531 centros, beneficiando a 52.000 alumnos. Grazas a este proxecto avanzouse tamén na formación e fomento da cultura dixital, xa que se formaron a máis de 23.000 docentes, e se impartiron actividades destinadas a alumnado, profesorado e familias (Navega con Rumbo), en preto de 900 centros.
Latest News

Publicada nova versión de Centro Software Abalar

Administracion Forxa - 2016-11-14 14:50 -

A Amtega libera a ferramenta Centro Software Abalar

Administracion Forxa - 2015-12-27 20:12 -
Monitor Forum | Start New Thread Start New Thread