Forxa Mancomún

Xunta de Galicia

Publicado por: Administracion Forxa
Data: AM-08-30 08:29
Resumo:Publicada a versión 3.4.16 de XEA-CeMIT
Proxecto: XEA-CeMIT

Contido:

A Axencia para a Modernización tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) vén de publicar como software libre unha nova versión de XEA no Repositorio de Software Libre, na forxa de Mancomún. Esta versión, a 3.4.16 corrixe varios erros que se foron detectando así como engade algunhas novas funcionalidades entre as que destacan:

- A creación dunha táboa de usuarios inactivos
- O Establecemento da caducidade anual dos usuarios con perfil de administrador (Axentes TIC)

A rede CeMIT é unha iniciativa posta en marcha pola Amtega que integra un total de 98 aulas, repartidas por toda a xeografía galega, e que ten por obxectivo a redución da fenda dixital, ofrecendo formación pública e gratuíta en novas tecnoloxías a cidadáns e empresas. A rede CeMIT ten rexistrados máis de 40.000 usuarios e leva impartidas máis de 144.000 horas de formación.

XEA é unha aplicaciòn que facilita a xestión de todos os recursos da rede, adaptándose ás necesidades de axentes TIC e usuarios. Por unha banda, a aplicación permite aos usuarios a consulta sobre todas as actividades de formación que se ofertan nos distintos centros da rede, a inscrición nas mesmas, o apoio para a súa realización e a obtención de certificados de aproveitamento dos mesmos. Por outra, facilita aos axentes TIC, responsables dos centros e das actividades a organización da súa actividade diaria
Últimas Novas

Liberada nova versión de XEA-CeMIT

Administracion Forxa - AM-08-05 09:07 -
0 Comentario Ler máis/comentar

Dispoñible unha nova versión de XEA-CeMIT

Administracion Forxa - AM-03-12 11:50 -
0 Comentario Ler máis/comentar

Publicada nova versión de XEA-CeMIT

Administracion Forxa - AM-01-15 11:57 -
0 Comentario Ler máis/comentar

Publicada a versión 3.4.16 de XEA-CeMIT

Administracion Forxa - AM-08-30 08:29 -
0 Comentario Ler máis/comentar

Publícase unha nova versión do software XEA-CeMIT

Administracion Forxa - AM-03-21 10:14 -
0 Comentario Ler máis/comentar
Monitorizar Foro | Iniciar Novo Fío Iniciar Novo Fío