Forxa Mancomún

Xunta de Galicia

Publicado por: Jose Sanchez
Data: AM-08-22 11:18
Resumo:A forxa de mancomún estrea un novo deseño
Proxecto: Administración da Forxa

Contido:

Desde a actualiación a gForge 4.6 moitos foron os cambios que se fixeron ao longo do tempo á Forxa de Mancomún. Co fin de cumprir cos estándares da W3C e de ter compatibilidade WAI-A, actualizouse o aspecto da web cun aire ao máis puro estilo da web 2.0. Pode ademáis ser accedida por persoas que precisen empregar líneas Braille e lectores de pantalla.

As características máis salientábeis do novo tema son:

  • Aspecto inspirado no estilo Mancomún.
  • O código xerado é XHTML 1.0 estricto e valida. Ademáis, coa nova estrutura, os navegadores son capaces de cargar as páxinas de forma máis eficiente.
  • Utilízase profusamente CSS 2.1 para o aspecto visual, co que será máis sinxelo a partir de agora realizar cambios de aspecto e así levar a cabo futuras melloras.
  • Tentouse na medida do posible facer que a Forxa sexa accesible para os usuarios con discapacidade visual, ata o punto permitido por gForge. Isto inclúe:
    • Utilizar capas CSS en lugar de táboas para o aspecto visual, facendo o código máis amigable ós lectores de pantalla.
    • Facer que o deseño sexa redimensionable, utilizando unidades de medida relativas.
    • Seguir as directivas de accessibilidade da WAI (Web Accessibility Initiative).

Agárdase que o cambio teña unha boa acollida entre a comunidade, pois intentase simplicar a interacción co portal.

O equipo de administración da Forxa de Mancomún agradecerá que se lle notifique calquer erro debido ao novo deseño para que poida ser arranxado o máis pronto posible, e así continuar traballando en facer que este proxecto siga sendo un dos referentes máis importantes do software libre na nosa comunidade.

Últimas Novas

Parada programada dos servizos de Forxa

Administracion Forxa - PM-11-11 20:06 -
0 Comentario Ler máis/comentar

Parada programada dos nosos servizos esta tarde

José Manuel Castroagudín Silva - AM-11-27 10:11 -
0 Comentario Ler máis/comentar

Posíbel parada temporal nos servizos da Forxa

Frco. Javier Rial Rodríguez - PM-10-26 16:05 -
0 Comentario Ler máis/comentar

A Forxa no ranking de GForge sites

Administracion Forxa - AM-06-03 06:50 -
0 Comentario Ler máis/comentar

A forxa de mancomún estrea un novo deseño

Jose Sanchez - AM-08-22 11:18 -
0 Comentario Ler máis/comentar
Monitorizar Foro | Iniciar Novo Fío Iniciar Novo Fío