Forxa Mancomún

Xunta de Galicia

Ficheiro das Notas da Versión e do Rexistro de Cambios

Nome da Versión:cemit-patches

Notas da Versión
Parches para novas funcionalidades de Ekiga para soporte do protocolo H239 de compartición de imaxe de medios, e melloras na xestión do protocolo H323.

Estes desenvolvementos foron realizados para dar soporte de videoconferencia IP por software nas aulas da rede CeMIT da Xunta de Galicia.

A versión publicada no repositorio GIT da forxa de mancomun inclúe todolos parches incorporados no despregue das aulas da Rede CeMIT. 

Todos estes parches están incorporados na versión upstream do proxecto en http://git.gnome.org/browse/ekiga/ 

As seguintes versións de Ekiga publicadas na web do proxecto http://www.ekiga.org incluen as seguintes funcionalidades.

Ekiga 4.0.0 - Soporte de H239 e correccións na interface de configuración.
Ekiga 4.0.1 - Soporte de conectividade con Gatekeepers H323 para contar con servicio de directorio de clientes conectados.
Próximas versións de Ekiga - Soporte de ventá dual para mostrar simultaneamente os medios (H239) e o vídeo remoto. 

Estas funcionalidades funcionan baixo tódolos sistemas operativos soportados por Ekiga entre os que se atopan GNU/Linux e Windows.

Rexistro de Cambios
- Soporte do protocolo H239 para videoconferencia de medios.
- Corrección de erros para permitir a soporte de H323.
- Correccións na conectividade con Gatekeepers.