Forxa Mancomún

Xunta de Galicia

Publicado por: Administracion Forxa
Data: PM-12-27 20:12
Resumo:A Amtega libera a ferramenta Centro Software Abalar
Proxecto: Centro Software Abalar

Este proxecto aínda non se categorizou a si mesmo no Mapa de proxectos software

Contido:

A Axencia para a Modernización tecnolóxica de Galicia (Amtega) vén de actualizar os contidos do Repositorio de Software Libre da Xunta, coa publicación dunha ferramenta do Proxecto Abalar.

Amplíase así o contido do repositorio incrementando as aplicacións e ferramentas que a Xunta facilita para a súa reutilización.

O Centro Software Abalar (https://forxa.mancomun.org/projects/cs-abalar) é unha ferramenta que permite aos profesores xestionar facilmente a visibilidade das iconas das aplicacións nos equipos do proxecto Abalar para adaptalos ao uso dos alumnos de primaria ou secundaria. Os usuarios que descarguen eta ferramenta poderán configurar a visibilidade das iconas das aplicacións no escritorio do seu equipo.

Abalar
O proxecto Abalar, impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ten como obxectivo a integración das TIC na práctica educativa en Galicia, sendo unha das áreas prioritarias de intervención. Actualmente está en funcionamento en 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de ESO de 531 centros, beneficiando a 52.000 alumnos. Grazas a este proxecto avanzouse tamén na formación e fomento da cultura dixital, xa que se formaron a máis de 23.000 docentes, e se impartiron actividades destinadas a alumnado, profesorado e familias (Navega con Rumbo), en preto de 900 centros.
Últimas Novas

Publicada nova versión de Centro Software Abalar

Administracion Forxa - PM-11-14 14:50 -
0 Comentario Ler máis/comentar

A Amtega libera a ferramenta Centro Software Abalar

Administracion Forxa - PM-12-27 20:12 -
0 Comentario Ler máis/comentar
Monitorizar Foro | Iniciar Novo Fío Iniciar Novo Fío